Los organismos, universidades e instituciones de la Comunidad Iberoamericana que lo deseen, podrán remitir la solicitud para la inclusión y difusión de sus publicaciones en la web de la Cátedra Iberoamericana por email a maria.cadaval@usc.es
- EXPOSICIÓN PONTEVEDRA E AMÉRICA: UNHA MIRADA EN FEMENINO
A Catedra Iberoamericana realizou a exposición «Pontevedra e Amércia: unha mirada en feminino» que deu pe a unha exposición itinerante e varias xornadas de traballo en colaboración coa Deputación de POntevedra. A exposición, que xorde no marco do convenio entre ámbalas dúas institucións para poñer en valor a historia das mulleres da e na emigración, rescata a súa experiencia e devólvelles o protagonismo que lles corresponde. Arrancou o xoves 31 de marzo no exterior do Pazo provincial en Pontevedra e percorreu os concellos do Grove, Vila de Cruces, Vilagarcía, Silleda, Cerdedo-Cotobade, Soutomaior e Redondela, que marcan para as mulleres da mostra unha parte importante da súa experiencia vital. Son trece mulleres da talla de Isabel Barreto, Mercedes Ruibal, Teresa Táboas, Elena Colmeiro, Virxinia Pereira, Nélida Piñón, Anisia Miranda, Lorena Lores, María Araújo, Josefa Emilia Sabor, Mariví Villaverde, María Vinyals e Isabel Gómez para as que o tempo vivido en América e en Pontevedra constitúe o nexo de unión.
“Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”
A mostra exponse en catro cubos que presentan tanto os obxectivos da exposición como as biografías e fotografías das trece mulleres protagonistas. Durante a xornada inaugural, en cada un dos concellos nos que se expoña “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, realízouse unha conferencia para render homenaxe ás mulleres especialmente vinculadas coas localidades que acollen a mostra.
En Pontevedra as mulleres “protagonistas” foron Isabel Barreto, Mercedes Ruibal e Teresa Táboas, especialmente vencelladas coa cidade do Lérez. Sobre elas falarán María Xosé Rodríguez, Rosario Sarmiento e a propia Teresa Táboas nunha conferencia que terá lugar o vindeiro 31 de marzo no Salón de Plenos trala inauguración da mostra. O seguinte punto de parada da exposición será Silleda no que se renderá homenaxe a Elena Colmeiro e Virxinia Pereira a cargo de Rosario Sarmiento e Montse Fajardo. Pola súa banda, en Cerdedo-Cotobade será protagonista Nélida Piñón, sobre a que afondará Carmen Villarino. A continuación, a mostra recalará en Vila de Cruces onde Pilar Sampedro renderá homenaxe a Anisia Miranda. Xa no Grove a propia Lorena Lores falará da súa traxectoria vital e en Vilagarcía María Xosé Porteiro e María Antonia Pérez afondarán na vida de María Araújo, Josefa Emilia Sabor e Mariví Villaverde. En Soutomaior, Silvia Cernadas renderá homenaxe a María Vinyals e xa cara o último trimestre do ano Redondela acollerá a última parada de “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino” coa conferencia de Lara Graña centrada en Isabel Gómez
- Jornada: La Agenda 2030 y el Papel de las Mujeres en la Administración Pública del Futuro
La Agenda 2030 es un plan de acción en favor de las personas, el planeta y la prosperidad desarrollado por las Naciones Unidas al que están llamados los gobiernos, no ólo los nacionales sino también las autoridades regionales y locales y la sociedad civil en su conjunto. Con el objeto de hacer realidad el cumplimiento de los derechos humanos de todas las personas y conseguir la igualdad de género por el camino del empoderamiento de las mujeres y de las niñas, la Diputación de Pontevedra, en colaboración con la Cátedra Iberoamericana de la Universidad de Santiago de Compostela, organiza la jornada La Agenda 2030 y el Papel de las Mujeres en la Administración Pública del Futuro, con el fin de movilizar el talento de las mujeres en la Administración pública, atendiendo a sus principales dimensiones para visualizar y debatir sobre el papel que tuvo la mujer, el que tiene y, sobre todo, el que debe tener en el futuro. Para eso se organizan cuatro mesas redondas sectoriales en las que se van a tratar los siguientes temas:
- «El papel de las mujeres en el liderazgo de los servicios sociosanitarios» (ODS 3 y 8)
- «El papel de las mujeres en pro de la investigación y de la educación pública de calidad» (ODS 4, 16)
- «El liderazgo femenino en la Administración y su avance hacia una igualdad real» (ODS 5, 10)
- «Ciudades sostenibles: un reto para el liderazgo femenino en el mundo local en la búsqueda de instituciones sólidas» (ODS 11, 13)
PROGRAMA https://web.depo.gal/documents/1076146/10926979/programa_jornada.pdf/6bfecc9a-484d-4070-98b0-ce8cfe2eaf76
- XORNADA: AXENDA 2030. EMPRENDEMENTO FEMININO E INNOVACIÓN
17 expertas déronse cita no Castelo de Soutomaior para tratar temas como a transición ecolóxica ou a intelixencia artificial ante máis dun cento de persoas que esgotaron as prazas dispoñibles
19/09/2022
O emprendemento feminino e a innovación foron o fío condutor de máis de dez horas de debate ás que Amparo Alonso, unha das científicas de maior referencia no campo da Intelixencia Artificial, puxo o broche de ouro ás 18.00 horas cunha conferencia titulada “A Intelixencia Artificial debe ser feminista” na que tratará entre outras cuestións a necesidade dos algoritmos feministas neste campo. Antes as e os asistentes tiveron a oportunidade de escoitar á presidenta da Deputación, Carmela Silva, á directora da xornada, María Xosé Rodríguez Galdo, e á directora da Cétedra e coordinadora da xornada, María Cadaval, que foron as encargadas de abrir a xornada ás 9.30 horas.
A mesa de debate que levou por título “Innovación tecnolóxica e xénero” contaron coa coordinación de Mar Rodríguez Fernández, experta en transformación dixital do sector público, e as intervencións de María Camacho Gascò, directora de negocio de Plexus TEC; Berta Caro Mirás, directora de Desenvolvemento Corporativo de Tecalis; Sandra Castro Álvarez, executiva de contas de Fuell; e Ana Malde Lagóstena, xestora de contas de clientes de servizos públicos de Accenture para Galicia, Asturias e Cantabria.
Na segunda das mesas falouse de “Emprendemento feminino e innovación no sector primario” baixo a coordinación de Carmen José López, avogada socia en Lustrum Abogados e mentora na Escola de Organización Empresarial, e coa participación de Sandra Amézaga Menéndez, secretaria de Mulleres Salgadas; Elisa Rubí Cano, de Adega Terra de Asorei e profesora de Química Analítica na USC; Silvia Chaves Freire, xerenta en Transportes e Madeiras Chaves, S. L.; e Teresa Táboas Veleiro, arquitecta e administradora de Sementares, S. L.
E antes da conferencia de Amparo Alonso, ás 16.00 horas, as e os asistentes desfrutarán dunha mesa centrada nas “Emprendedoras con formación universitaria que crean tecido empresarial en Galicia” que foi conducida por Eva López Barrio, coordinadora do programa “Innovatia 8.3” da USC, e na que tomaron a palabra Catalina Fernández de Ana Portela, directora xeral de Hifas da Terra; Diana Lameiro Aznar, directora do Centro Lingoreta e Vanesa Redondo Fernández, promotora de Proplantae.